Obra galega completa

“Arealonga” quería ofrecer nun soio volume tódolos textos galegos de Rosalía de Castro, moitos deles somente atopables en publicaciós eruditas. Ademáis de “Cantares Gallegos” e de “Follas Novas”, as dúas grandes obras en galego da nosa autora, esta nosa entrega contén un conto en prosa, unhas traducciós en verso e dez poemas que Rosalía escribiu ó marxe dos dous libros citados. O leutor, por conseguinte, está dediante da totalidade do mensaxe galego de Rosalía. en canto ó erudito, afórraselle o traballo de ter que percurar as pezas esparexidas deste mensaxe. Cando...